Recursos Matemáticas ESO

Xa sabemos que a única maneira de aprobar matemáticas é facendo exercicios e vendo exemplos prácticos. Desde que traballo con alumnos de apoio escolar, descubro que un dos maiores problemas que teñen é que son incapaces de interpretar todo o que aprenden nas matemáticas. Son capaces de asimilar a información igual que un robot: entra input e aplico, sae input e olvido…

Despois de buscar moitos recursos diferentes encontrei que só facía falta “perder” uns minutos con eles facéndolles ver a realidade e o sentido práctico que se oculta nos números. De repente, unha porta se abría e todo era facilmente comprensible para eles e o fenómeno do olvido estaba menos presente.

Por este motivo recomendo hoxe un libro que pode facer ver doutra maneira o mundo das matemáticas:

– Frabetti, Carlo: Malditas Matemáticas, 2000 Grupo Santillana de Ediciones. S.A. ISBN: 84-204-4175-9

libro matemáticas juvenil

E un website adicado especialmente ás mates. Trátase do Blog de Pedro J. Martínez (mestre de matemáticas no IES Nicolás Salmerón y Alonso de Almería) no que foi deixando todos os seus traballos para axudar a outros mestres. Nel podemos encontrar: exames, exercicios, recursos…

http://profeblog.es/pedro/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *